“Mar de Sada” é un proxecto GAC promovido polo Concello de Sada enfocado a fornecer o vínculo entre o mar e o interese turístico. O proxecto está aberto á participación de calquera establecemento hostaleiro, de empresas dedicadas ao sector turístico relacionadas co mar e a aqueles emprendedores ou emprendedoras que estean barallando unha idea de negocio relacionada co mundo do mar.

Se estás interesado en participar nesta experiencia, recibir formación específica, participar de dinámicas de grupo ou ser parte da Rede de Hostaleiros constituída no marco deste proxecto, envía un email cos teus datos de contacto a info@mardesada.com.