apaisada_senderismo

Roteiro Mariñán – Costa Doce

Se queres percorrer gran parte do litoral de Sada a pé, podes facelo a través do Roteiro Mariñán – Costa Doce. Esta é unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo que transcorre polas paraxes naturais máis fermosas do municipio [ver vídeo “Mar de Sada”].

O percorrido comeza no castelo Fontán [escoitar audioguía], situado no barrio mariñeiro que leva o seu nome, e vai ata a entrada do Monte do Pobre ou da Canteira. Este é un punto decisivo para o senderista xa que poderás escoller entre seguir polo antigo Camiño Real ou continuar pola costa. A ruta é lineal e de baixa dificultade, o que permite que persoas de todas as idades poidan percorrela en ambas as dúas dúas direccións.

RoteiroMarinanDurante o traxecto pásase por tres miradoiros: Punta da Herba, Miradoiro da Ría e o situado no da praia de Arnela. Todos eles ofrecen inmellorables vistas da ría para sacares as mellores fotos panorámicas da túa viaxe. Atravesando bosques mixtos e camiños con vistas á costa, chegarás ata a praia de Cirro, onde finaliza a ruta a pé.

  • Castelo de Fontán – Praia de Cirro:
  • >> Percorrido: 9,4 km
    >> Duración: 4 h
    >> Dificultade: baixa
    >> Tipo de trazado: liñal, bidireccional
  • + info web do Consorcio das Mariñas

Ruta praia das Delicias – Agra das Arcas

Se buscas rutas de sendeirismo que tamén se poidan realizar en bicicleta, Sada ofrece a posibilidade de percorrer a ruta Praia das Delicias – Agra das Arcas. Este sendeiro comeza tamén no Castelo de Fontán (onde enlaza coa ruta Costa Doce), continúa polo paseo marítimo ata chegar á praia das Delicias e finaliza no Castro.

Ruta Sada-O CastroA súa dificultade é moderada e ten unha extensión de 5,6 km. Durante o percorrido encontraraste con diversos paneis explicativos nos que poderás coñecer todo o necesario sobre a flora e fauna da zona pola que transitas. Dende o punto máis elevado da ruta, poderás contemplar gran parte do municipio, a zona urbana e a ría. Ademais de apreciar toda a extensión das Brañas, unha braña catalogada que acolle unha grande e variada riqueza natural.

Galería de imaxes