apaisada_sada

A vila de Sada [audioguía], situada na bisbarra das Mariñas (A Coruña) é un dos enclaves turísticos e mariñeiros máis importantes do litoral norte de Galicia [ver vídeo].

Aínda que as súas orixes son incertas, os numerosos castros encontrados indican que os seus fundadores foron os ártabros, unha tribo celta que, segundo os historiadores, empezaría a comercializar a pesca xa na Idade de Bronce.

Ao pasear pola vila poderás observar que, aínda que o seu crecemento provén da actividade pesqueira, Sada sabe conxugar á perfección a súa actividade profesional cos espazos recreativos [audioguía Merendeiro do Curruncho] que ofrece o mar.

Paseo marítimo

Patinetes en el paseo marítimoO paseo marítimo de Sada, que une todo o litoral da vila, converteuse nun dos centros de ocio ao aire libre máis atractivos da zona.

Se o percorres dende dun extremo ao outro, desde a praia das Delicias ata o porto de Fontán (2 quilómetros), poderás gozar de preciosos xardíns e prazas, instalacións deportivas e numerosos parques infantís e saudables nos que divertirse coa familia. Tamén podes percorrelo en bicicleta, seguindo sempre o carril habilitado.

Nun punto do paseo verás como a senda cambia de cor para converterse na alfombra vermella do Paseo da Fama. Este será o único tramo no que che aconsellamos mirar ao chan pois descubrirás as pegadas de moitas personaxes populares do mundo da cultura, do deporte ou do espectáculo.

Desde aquí chegarás ao porto deportivo, onde che aconsellamos facer unha parada e escoller a túa actividade náutica preferida.

Tamén podes seguir a Ruta Mar de Sada un precioso percorrido polo litoral da vila guiado a través de códigos QR. Busca os códigos ao longo do paseo marítimo e descubre barrios de pescadores, portos deportivos e pesqueiros, praias idílicas e os mellores establecementos para facer un descanso e degustar a gastronomía local.

Galería de imaxes