Legado modernista

O primeiro que vemos ao chegar ao litoral de Sada é A Terraza [escoitar audioguía]. Un impoñente e rechamante edificio considerado símbolo do modernismo galego.

A Terraza, como epicentro da nova etapa social e cultural da vila ten a súa orixe en 1912. A súa primeira situación foi nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, desde onde se trasladou a Sada en 1920. Aquí pasou a converterse no símbolo do crecemento económico xurdido ao abeiro das conserveiras e do comercio ultramarino.

Aínda que o seu deseño se viu levemente modificado, a moderna construión baseada en madeira, forxado e vidro de cores, foi o escenario ideal para ambientar unha das épocas máis alegres e con maior vida social da vila sadense. Actualmente, a Terraza continúa sendo un encantador café – restaurante que continúa programando concertos de jazz.

A Terraza de SadaA influencia modernista aínda se pode palpar en moitos edificios locais, como a Escola de Sada e a súa contorna, construída por unha asociación de emigrantes en Nova York. Ou as vivendas do barrio de pescadores de Fontán e A Tenencia, que incorporaron motivos vexetais e xeométricos ás súas fachadas. A Casa Barrié tamén conserva o seu estilo afrancesado, e a preciosa Casa de Pollán, mantén intacta a súa elegancia.

Todas elas son o marco perfecto para acoller a primeira Feira Modernista de Galicia que se celebra desde 2012 cada primeiro fin de semana de agosto. Durante tres completos días os sadenses visten as súas mellores galas para regresar aos anos 20 e gozar de bailes, mercados e exquisitos concertos de época [vídeo sobre o modernismo en Sada].

Sargadelos

A escasos 5 minutos en coche dende a Terraza, na parroquia de Osedo, atópase  o Complexo Industrial e Cultural do Castro, onde está a fábrica de Cerámicas O Castro de Sargadelos. Esta tradicional cerámica, famosa polas súas vaixelas e as súas edicións limitadas con artistas galegos, é unha das mellores difusoras da cultura rexional. Entre as súas pezas encóntranse numerosas representacións populares, sobresalindo os motivos relacionados co mar.

Regalar cerámica do Castro de Sargadelos é algo moi valorado, polo que o obsequio institucional do municipio de Sada non podería ser outro que a figura cerámica da súa tradicional sardiña.

Se vés a Sada e queres levar algún recordo, aquí poderás achegarte ata a tenda e adquirir algún dos motivos máis representativos de Galicia.

No complexo tamén se encontra o Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside e o Laboratorio Xeológico de Laxe.

Galería de imaxes