ocio_apaisada

A zona das mariñas, pola súa condición de ría abrigada, permite navegar durante todo o ano. Esta característica converte ao porto de Sada nun dos preferidos para gozar das embarcacións de recreo.

A dársena, que conta con 1.300 amarres, divide a súa xestión en tres entidades: Marina Sada (que administra a maioría de prazas), o Club Náutico de Sada (que tamén organiza regatas) e Portos de Galicia, que se encarga da parte máis pequena do porto deportivo.

Se paseas polo peirao, comprobarás que este conta con todos os servizos necesarios para ser un dos mellores “portos refuxio” do noroeste e que, por méritos propios, gañou a bandeira azul que certifica a súa calidade.

Se o que buscas é gozar dos deportes náuticos [escoitar audioguía], en Sada poderás participar de cursos de vela, regatas ou alugar veleiros para navegar pola ría. Os amantes da aventura tamén atoparán nas súas oito praias lugares ideais para practicar windsurf, submarinismo ou rutas en kaiak, entre moitos outros.

Sada é un lugar ideal para practicar calquera deporte acuático, polo que te invitamos a buscar a mellor opción entre as múltiples ofertas que hai preparadas para ti.

[vídeo] Ocio náutico en Sada

+info:

Galería de imaxes