Sada preséntase como unha das vilas mariñeiras máis modernas e activas do litoral norte de Galicia. O seu estilo modernista, mesturado coa imparable actividade náutica e pesqueira supón un ambiente único e irresistible para a maioría dos que buscan descanso e diversión.

Porto deportivo

Puerto-deportivo-SadaO abrigo da ría e a súa navegación durante todo o ano fan do porto un dos preferidos polos amantes da vela e os deportes náuticos [escuchar audioguía].

A dársena deportiva de Sada, a máis grande de toda Galicia e unha das mellor valoradas do norte de España, conta con 1.300 amarres para albergar embarcacións de ata 25 metros de eslora. A súa xestión divídese en tres entidades; Marina Sada, Portos de Galicia e o Club Náutico, situándose este último na antiga nave de redeiros. [Ver vídeo “Ocio náutico en Sada”]

O Náutico de Sada, que conta con modernas instalacións, dinamiza a escola de vela e organiza ata 12 regatas ao ano. A súa sede é un espazo aberto ao público e na súa cafetaría podes tomar un delicioso aperitivo mentres gozas das mellores vistas do porto.

A poucos metros do club náutico, encóntrase Marina Sada, que xestiona 740 puntos de amarre. Entre os seus múltiples servizos destaca un varadoiro Travel- Lift de 25 toneladas, un amplo aparcadoiro de coches e servizo de vixilancia as 24 horas.

O porto de Sada é, sen dúbida, un dos mellores “portos refuxio” da zona noroeste xa que ademais de dispoñer de todos os servizos necesarios, nas súas inmediacións conta con escolas de vela, tendas especializadas e talleres de reparación. Por todo o anterior e polo seu respecto polo medio, aquí acostuma a ondear a bandeira azul, como certificado que acredita a súa calidade.

Porto pesqueiro e  comercial

O porto de Fontán [escoitar audioguía], como así se coñece ao porto pesqueiro, é un dos puntos máis importantes de Sada. A súa fama como porto de referencia polo volume de captura de sardiña e o seu papel protagonista no desenvolvemento da vila convérteno nun espazo sorprendente ante os que o visitan.

Aquí atoparás numerosas embarcacións de pesca artesanal e de cerco que capturan sardiñas, xurelo e polbo, entre outras especies. Na Praia das Delicias poderás ver a grupos de mariscadoras extraendo ameixa, o que se coñece como marisqueo a pé. 

Para gozar do porto na súa maior actividade, aconsellamos que o visites polas mañás. A partir das 7.00 horas, xa poderás recibir os barcos que chegan do mar. Tamén recomendamos que aproveites e visites a lonxa, onde entre as 6.00 e as 14.00 horas se realiza a tradicional poxa.

A lonxa cobra maior dimensión para os sadenses cada 16 de xullo. Aquí celébrase a misa maior das festas do Carmen patroa dos mariñeiros e venerada en procesión marítima.

 

Galería de imaxes