Observatorio de aves

Paseo marítimo de SadaSada é un dos enclaves privilexiados para os ornitólogos e para os amantes das aves en xeral xa que é un dos poucos puntos do mundo onde conflúen o maior número de rutas migratorias.

O inverno é a mellor época do ano para o avistamento. Os mellores lugares son a praia das Delicias e o miradoiro do paseo marítimo, onde poderás utilizar os prismáticos.

Dende aquí terás a posibilidade de ver gaivotas e aves migratorias como a píldora raiada (Arenaria interpres), un paxaro pequeno e repoludo de pelaxe marrón e branca con grande habilidade para voltear as pedras en busca de alimento. Tamén atoparás o carolo (Alca torda), procedente do norte e recoñecible polo seu pico ancho e escuro e plumaxe branca no peito.

Pola proximidade co humidal das Brañas é posible que vexas algunha garza real (Ardea cinerea), garzotas (Egretta garzetta), así como o bilurico común (Actitis hypoleucos) ou varios tipos de anátidos (Anatidae).

En inverno tamén nos visita o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), ao que distinguirás polo seu pico esbelto e negro cunha pequena mancha amarela na punta.

As Brañas

Garzotazona húmida das Brañas de Sada, catalogado e constituído como un espazo natural nelevante dentro das “Mariñas Ártabras” atópase no centro da vila.

Ademais de conservar diversas especies ameazadas, acolle unha gran variedade de animais e vexetais. Aquí pódense ver aves rapaces como o gabián común (Accipiter gentilis) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Tamén hai numerosas anátidas como a cerceta común (Anas crecca) ou o parrulo (Anas platyrhynchos) e é frecuente ver a garza real (Ardea cinerea), entre moitas outras especies.

Sen dúbida, as Brañas é o pulmón da vila e alberga no seu interior unha das reservas naturais máis ricas da zona.

Galería de imaxes