Mar de Sada adiántase mañá a celebración do San Xoán cun completo programa de actividades

XornadaSanXoan_Sada_20-06-2015_108x92

O proxecto de dinamización turística Mar de Sada finaliza as actividades contempladas na segunda fase de execución cunha xornada lúdico-didáctica. Desde as 11.30h ata a tardiña, Concello, hostaleiros e empresarios turísticos implicáronse cun intenso programa de actividades que inclúe desde unha ruta guiada ao novidoso “fútbol-burbulla”. Turistas, visitantes e veciños xa poden achegarse á historia da vila e outra información de interese coas novas tecnoloxías a través da ruta multimedia 2.0 instalada ao longo do litoral urbano.

Antonio Muíños, Aula de Cociña Portomuíños: “A excelencia está na innovación permanente”

Antonio-Muinos_Portomuinos_108x92Antonio Muíños e Tino Otero, xerente e chef da Aula de Cociña Portumuíños, respectivamente, impartirán esta tarde (17.30 a 19.30h) o curso “Innovación e excelencia na cociña: slow food, pesca sostible e aproveitamento innovador dos produtos do mar na cociña e na carta” organizado por Mar de Sada. “O coñecemento non é facer algo que funcione noutro lado, senón coñecer as posibilidades que ofrecen os produtos na cociña para facer pratos con identidade propia e diferenciarse”, asegura o máximo responsable desta empresa familiar que comercializa algas, ademais de investigar, cultivar e recolectar estes vexetais mariños por toda a costa galega, incluída Sada. Portomuíños tamén é proveedor dos mellores restaurantes do país e comercializa para particulares.

Mar de Sada organiza unha xornada lúdica para dar a coñecer a riqueza da localidade

Casa do barrio mariñeiro de Fontán. Mar de SadaHistoria, tradición, gastronomía, ocio, diversión… Todo iso e moito máis son os ingredientes dun intensa xornada lúdico-didáctica organizada no marco do proxecto de dinamización turística Mar de Sada. O obxectivo desta experiencia piloto é dar a coñecer a Sada máis auténtica a visitantes e turistas a través de diferentes actividades o próximo sábado 20 de xuño e, por outra parte, dar por constituída a Rede Turística á que se adheriron hostaleiros e empresarios turísticos de Sada.

Paquete para a noite de San Xoán en Sada con Altavela

Barco de Altavela - Mar de SadaAltavela, servicios náuticos é outra das empresas de turismo náutico instaladas en Sada que se sumaron á celebración do San Xoán organizada polo proxecto Mar de Sada na localidade con dúas atractivas ofertas de ocio cun mesmo denominador común. Dar un paseo en veleiro pola ría para ver as cachelas de San Xoán desde o mar na noite do 23 de xuño mentres se saborea a gastronomía de Sada.

Elena Anca, operadora turística: “Os hostaleiros teñen que ser embaixadores dunha única Sada”

Elena Anca, operadora turísticaA operadora turística Elena Anca, responsable da creación das experiencias de TurGalicia que venden a nosa comunidade no exterior, conducirá mañá xoves 11 o curso de Mar de Sada “Creación e comercialización de experiencias atractivas individuais e combinadas”. A súa ampla traxectoria profesional serviralle para encamiñar un taller pensado para que os hosteleiros e empresarios de Sada identifiquen os atractivos clave da vila e o máis importante, traballen en equipo para defendelos dunha mesma forma. O curso terá lugar na Aula da planta baixa da OMIX (Avda da Mariña, s/n), de 17.00 a 19.00 h. Asistencia libre.