Fútbol-burbuja Mar de Sada 108x92A lista de opcións de ocio familiar que durante todo este sábado 20 se poderán gozar xunto ao Mar de Sada para adiantar a celebración do San Xoán ampliase da man dun emprendedor local. Durante toda a xornada, no paseo marítimo, estará aberta para todos os públicos esta nova actividade lúdica, por agora exclusiva en Galicia, denominada fútbol-burbulla. 

Fútbol-burbuja Mar de SadaDa man de Bam Ball Galicia esta aventura deportiva, recreativa e adrenalínica, apta para todos os públicos, poderá experimentarse de forma gratuíta por primeira vez en Galicia. Os interesados en coñecer esta “nova” forma de xogar ao deporte rei poderán achercarse aos xardíns do paseo marítimo de Sada, ao lado da praza Irmáns Suárez Picallo.

Alí enfundaranse nuns espectaculares traxes inchables para convertirse en “xogadores-burbulla”. A única condición para gozar desta actividade novidosa e aberta a todo tipo de públicos é querer pasar un bon momento e vivir unha experiencia única.

Vídeo promocional
Precisamente, o día anterior, o venres 19, Sada foi o escenario elixido para gravar o vídeo promocional do fútbol-burbulla galego.

 

Facebook de Bam Ball >>

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Facebook IconYouTube IconTwitter Icon