Casa do barrio mariñeiro de Fontán. Mar de SadaHistoria, tradición, gastronomía, ocio, diversión… Todo iso e moito máis son os ingredientes dun intensa xornada lúdico-didáctica organizada no marco do proxecto de dinamización turística Mar de Sada. O obxectivo desta experiencia piloto é dar a coñecer a Sada máis auténtica a visitantes e turistas a través de diferentes actividades o próximo sábado 20 de xuño e, por outra parte, dar por constituída a Rede Turística á que se adheriron hostaleiros e empresarios turísticos de Sada.

 

vista-desde-Fontán_Mar-de-SadaO Mar de Sada adiántase ao verán… Aquí xa ule a verán!

E, ademais de celebrar a entrada do solsticio a noite do 23 de xuño coa gran sardiñada do Currucho, tres días antes, o sábado 20, no marco de proxecto Mar de Sada, organizarase unha completa xornada de actividades para que visitantes e turistas, ou mesmo os veciños, poidan descubrir a Sada máis auténtica. A súa historia actual e pasada vinculada ao mar, o porto como centro neurálxico do ocio e da economía local, os antigos asentamentos dos pescadores sadenses que desde a súa privilexiada atalaia en Fontán vixiaban as augas da ría e a súa riqueza.

Durante todo o sábado 20, en colaboración cos hosteleiros adheridos á Rede Turística tras un intenso programa formativo iniciado o 18 de maio, programáronse saídas e actividades lúdicas e didácticas.

O día empezará cunha ruta guiada a partir das 11.30 horas, de 45 minutos de duración, pola fronte marítima de Sada para, a partir do mediodía, degustar suxestivas e saborosas propostas gastronómicas nos locais da Rede Turística.

Xa pola tarde, haberá visitas a varios puntos de interese e poderase participar en diferentes actividades náuticas e recreativas.

 

DETALLE DE ACTIVIDADES

Mañá

RUTA MARIÑEIRA “DESCUBRINDO O MAR DE SADA”

Ofrecémosche a posibilidade de facer unha viaxe no tempo e coñecer a Sada mariñeira a través dun percorrido guiado polo lugar onde se concentra gran parte da actividade de Sada: o porto deportivo e o pesqueiro de Fontán. Durante este percorrido polo entramado urbano iremos debullando a historia da nosa vila ata chegar ao seu auténtico corazón, o barrio mariñeiro de Fontán. Alí coñeceremos detalles da súa pintoresca arquitectura e evolución histórica. Rodeados de vivendas mariñeiras do século XVIII será coma volver ao pasado! [Ver mapa de ruta aquí]

*Haberá varias sorpresas durante a ruta.

  • Data: sábado 20 de xuño.
  • Hora de inicio: 11.30 horas
  • Duración: 45 min aprox.
  • Punto de encontro: Casa da Cultura de Sada
  • Percorrido orientativo: porto marítimo de Sada e barrio de Fontán.

INSCRIPCIÓN-RESERVAS

  • Na Oficina de Información Turística do Concello de Sada (horario continuado de luns a sábado, de 10.00 a 19.30h).
  • No teléfono: 698 169 598

CONDICIÓNS XERAIS

  • A actividade é totalmente GRATUÍTA, previa reserva (prazas limitadas).
  • Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto responsable.
  • Imprescindible presentarse no punto de saída 10 minutos antes do inicio do percorrido.
  • O grupo irá acompañado por un guía durante toda a visita.

Anulacións: A organización reserva o dereito de modificación o anulación do percorrido por motivos xustificados ou causas meteorolóxicas.

 

Mediodía

  • Propostas gastronómicas vinculadas co San Xoán nos locais da Rede Turística Mar de Sada.

 

Tarde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Facebook IconYouTube IconTwitter Icon