cartel-liga-nacional-Patinaxe_108x92Este fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de xuño, poderase gozar en Sada dos mellores patinadores españois da actualidade, xa que se celebrarán as xornadas 5ª e 6ª da Liga Nacional de Patinaxe de Velocidade.

 

cartel liga nacional PatinaxeO público que se achegue a gozar desta espectacular disciplina deportiva poderá ver as evolucións dos mellores patinadores da 1ª e 2ª división feminina e da 1ª división masculina.

As probas terán lugar en dúas sesións de competición:

  • Sábado 20: no circuíto urbano organizado na Avda. da Mariña, en paralelo ao paseo marítimo. Desde as 16:00h.
  • Domingo 21: na Pista Municipal de Patinaxe. Unha oportunidade inmellorable para gozar en Sada dunha proba deportiva do máis alto nivel. Desde as 10:00h.

 Facebook Sada Patín >>

¡Descubre o espectáculo da patinaxe de velocidade e goza de Sada!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Facebook IconYouTube IconTwitter Icon