A Casa da Cultura de Sada programa este sábado 20 de xuño ás 20.00 h un espectáculo de tango con música en directo, a cargo da artista Lorena Lores. A entrada ten un prezo único de 3,5€.
O espectáculo “Cabaretango” sitúase nun cabaré de Buenos Aires dos anos 50. Trátase dun espectáculo musical no que por medio da danza, a música e un variado vestiario, se intenta contar a historia do tango e das súas orixes.
O xénero nace na cidade rioplatense a través da emigración, maioritariamente formada por italianos e galegos que chegaban en busca dunha vida mellor. Estes acudían ao cabaré en busca de compañía pagada, o cal acentuaba máis aínda a soidade e a ausencia da muller e do amor, levándoos a unha reflexión introspectiva e melancólica que quedou plasmada na súa música e as súas letras.
A entrada ten un prezo único de 3,5€.