A tarde do sábado 20 de xuño, o Club Recreativo Náutico de Sada participarána actividade organizada por Mar de Sada para celebrar o San Xoán cun día de “portas abertas”. Durante catro intensas horas, as actividades náuticas para todos os públicos serán as protagonistas na praia Nova.
Entre as 16.00 e as 20.00h, na praia de Sada haberá diversas actividades náuticas organizadas polo Club Recreativo Náutico de Sada para todos os públicos como vela lixeira, wíndsurf, cruceiro, padel surf e kaiak (nenos). Os que se acheguen tamén poderá participar nunha ginkana e xogos na area como voleibol praia, tiro con arco e voo de cometa.
Ver cartel de actvidades aquí >>
CONTACTO
Avda. do Porto s/n
Escola de Vela (frente Casa de la Cultura)
15160 Sada, A Coruña
T. 981 621 762
M. & wassap: 675 605 781
info@cnrsada.com – cnrsada.com