Prato slow food cociñado por Mar de SadaTerán lugar o martes 16 e o xoves 18 e tratarán sobre posicionamento en Internet, innovación na cociña e slow food

slowfood_800x450A próxima semana finaliza o calendario de cursos formativos organizados no marco do proxecto Mar de Sada para a constitución da Rede Turística. Ambas as dúas accións formativas terán lugar de 17.00 a 19.00 horas.
Martes, 16/06. Marketing turístico, últimas tendencias e TIC’s: a importancia de crear marca, o posicionamento do destino e das empresas en Internet, a promoción e a comercialización online.
Lugar: Aula do andar soto da OMIX (Avenida da Mariña, s/n).

Xoves, 18/06. Innovación e excelencia na cociña: slow food, pesca sostible e aproveitamento innovador dos productos do mar na cociña e na carta.
Lugar: Aula formativa da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas (Avda. República Argentina, 37).
Imparte: Responsables da Aula de Cociña Portomuíños.

 

¿Que é Mar de Sada?
Mar de Sada é un proxecto de dinamización turística impulsado polo Concello de Sada e financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira Zona 2 Golfo Ártabro. Entre os seus obxectivos encóntranse a posta en valor dos recursos pesqueiros e da cultura mariñeira da vila para aproveitamento por parte do tecido económico local que depende do sector da pesca e do turismo. Esta iniciativa estase a executar en varias fases, durante as que se están a levar a cabo traballos para crear unha marca turística, con imaxe propia, no marco do denominado turismo mariñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Facebook IconYouTube IconTwitter Icon