Elena Anca, operadora turísticaA operadora turística Elena Anca, responsable da creación das experiencias de TurGalicia que venden a nosa comunidade no exterior, conducirá mañá xoves 11 o curso de Mar de Sada “Creación e comercialización de experiencias atractivas individuais e combinadas”. A súa ampla traxectoria profesional serviralle para encamiñar un taller pensado para que os hosteleiros e empresarios de Sada identifiquen os atractivos clave da vila e o máis importante, traballen en equipo para defendelos dunha mesma forma. O curso terá lugar na Aula da planta baixa da OMIX (Avda da Mariña, s/n), de 17.00 a 19.00 h. Asistencia libre.
Elena Anca, operadora turísticaEn que vai consistir o curso?
Imos falar da importancia de crear un produto turístico ben encauzado, identificando ao público obxectivo e as características diferenciais de Sada. En resumo, faremos unha tormenta de ideas e intentaremos chegar a un acordo entre todos os presentes sobre o que e como comunicar os atractivos cos que se queren identificar Sada.

Cales poden ser esas primeiras liñas de traballo?
Serían unhas dúas ou tres: o turismo familiar, o turismo náutico e algunhas ofertas dirixidas ao turismo extranxeiro que pode chegar ao porto deportivo. Confío en que nos dea tempo a crear un par de experiencias, que poden ser incluso de tempada (verán, primavera) para que, logo os hostaleiros poidan comercializalas eles e continuar coa comunicación.

Cal é a idea básica que quere transmitir?
A necesidade da unión entre os hostaleiros. Todos xuntos teñen que ser os embaixadores dunha única Sada. Se todos xuntos defenden unha idea é positivo porque facilita que ao unísono se realice un traballo conxunto e comuniquen dunha mesma maneira.

Que máis se precisa para crear unha experiencia turística?
Se se trata dun paquete de servicios, a normativa galega obriga a que se comercialización a faga a través dunha axencia de viaxes. En Sada hai algunha interesada e eso supón un gran potencial para este proxecto Mar de Sada. Pero, polo demais, necesítase pouco máis ca coordinar unha estratexia de comunicación conxunta a través das webs particulares, dun folleto conxunto ou incluso do boca-orella, fomentando que cada empresario lle fale aos seus clientes dos atractivos de Sada que previamente acordaron.

É preciso unha gran esforzo?
Salvo para o que é meramente turístico, para o demais non necesitan máis que un propósito conxunto e convencerse de que o producto que van crear os beneficia a todos, polo que teñen que tirar para adiante. Entre eles teñen que facer equipo e ás veces iso é o máis difícil.

Vai contar algún caso de éxito?
Vou falar dos paquetes turísticos de Turgalicia. Dos 30 e pico que se crearon, os que máis se venden son 4 ou 5 como unha ruta de sendeirismo no Eume ou o gran tour de oito días para coñecer Galicia. E o seu éxito non radica no prezo, porque non son dos máis económicos, senón porque ofertan experiencias singulares.

Ve potencial en Sada?
Se temos identificado o turismo náutico e familiar como produto turístico, hai que intentar atraer visitantes do entorno cercano que pode ser polo de atracción. Non se pode esperar traer aquí a un turista extranxeiro a propósito. Sada tería que posicionarse como a capital das Rías Altas e asumir un papel de recurso secundario, o que non é malo. Existe unha gastronomía, unha ría fantástica e unhas posibilidades náuticas impresionantes, pero teñen que darse conta de que non poden ir por libre, senón da man da cidade da Coruña, que está ao lado, do Camiño Inglés, que pasa por cerca, ou doutros xacobeos. Teñen que aproveitar iso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Facebook IconYouTube IconTwitter Icon