Adrián Felípez, chef e gastroconsultor: “Innovación é coñecer e explotar os recursos do noso arredor”

AdrianFelipez_108x92A de mañá será unha clase de formación moi completa e intensa para os empresarios de Sada. O cociñeiro Adrián Felípez falaralles da necesidade de manterse actualizados e de coñecer as tendencias gastronómicas, pero sobre todo de innovación e de creatividade botando man da materia prima que teñen ao alcance da man: os recusos que saen do seu mar. Para mostra un botón: o menú que preparará terá como protagonistas o mexillón, a sardiña, a xarda e as algas, todos productos do Mar de Sada.