Que é Mar de Sada?

Fomentar o aproveitamento dos recursos pesqueiros materiais e inmateriais para o turismo é un dos obxectivos do proxecto GAC “Mar de Sada” impulsado polo Concello de Sada e financiado con fondos europeos do GAC2 Golfo Ártabro. Esta iniciativa executouse en dúas fases entre 2014 e 2015 nas que levaron a cabo tarefas para crear unha marca turística no marco do denominado turismo mariñeiro.

Este plan incluiu formación para os profesionais da hostalaría centrándose na innovación turística, no asesoramento para emprendedores interesados no sector, no deseño de rutas turísticas pola vila e no emprego das novas tecnoloxías para achegar información aos visitantes.

Mar de Sada profundizou na identidade da comunidade pesqueira da vila, poñendo en valor o tradicional barrio de Fontán, as rúas onde viviron xeracións de mariñeiros sadenses. O proxecto comenzou a xestarse no mes de outubro de 2014 e finalizou en xuño de 2015.

loader